Chámanos

91 747 03 01

 

 

Easy Trans-Internacional, S.L., e-trans, inicia a súa actividade no ano 2001 cun claro obxectivo: a exportación. Desde aquela, cun desenvolvemento e formación constantes, conseguimos crear non só unha empresa moderna e punteira no sector, senón tamén unha ferramenta de grande utilidade para as empresas exportadoras, ofrecendo calquera modalidade de transporte: aéreo, terrestre, marítimo e internacional.

 

Na web e-trans poderán acceder a información moi útil para o desenvolvemento da súa actividade, coma o manual básico do exportador; Incoterms 2010, contratación e tipos de contrato internacionais, dimensións e capacidades dos distintos medios de transporte para optimizar e rendibilizar a estiba das súas mercadorías. Así mesmo, atoparán información sobre as nosas empresas colaboradoras, as cales poderán informalos e asesoralos canto ao deseño da súa imaxe corporativa ou á normalización da súa empresa

 

Actualmente estamos representados nos principais mercados. Isto permítenos ofrecer non só información relativa á loxística, coma prezos de transporte, seguimento, situación e información puntual sobre as súas expedicións; senón que tamén nos permite facer estudos de mercado e proxectos, así como obter información sobre a lexislación nos países de destino co fin de proporcionarlles aos nosos clientes un valor engadido para o seu impulso internacional.

 

Invitámolos a contactar con e-trans a través do formulario deseñado para tal efecto que se atopa na web, ou ben poñéndose en contacto directo co noso equipo, que atenderá persoalmente as súas peticións.

O noso persoal fala inglés, francés, alemán, ruso e español, e estará encantado de atendelos.

Somos operadores de transporte membros da Asociación de Transitarios Expedidores e Asimilados (ATEIA)

E-TRANS, como axente IATA acreditado, traballa estreitamente con todas as compañías aéreas

Colaboramos coas principais navieiras ofrecendo servizos FCL e LCL desde calquera orixe

Realizamos calquera tipo de xestión administrativa nos organismos competentes

Centro de Carga Aérea

Edif. Serv. Generales Of. 401 A
Aeropuerto de Barajas

28042 Madrid

 

T:  [+34] 91 747 03 01

F:  [+34] 91 312 23 17

 

Skype: EasyTrans(e-trans)
 

etrans.png

PREMIO ESTRELLA DE ORO 2014 por el INSTITUTO para la EXCELENCIA PROFESIONAL (IEP)

CERTIFICACIÓN GPD (Buenas Prácticas)

© 2013 EasyTrans Internacional SL. 

 

 

 

 

Todos los derechos reservados   ·   Página Web desarrollada y diseñada por MentaCreativa

 

 

 

 

All rights reserved   ·   Web developed and designed by MentaCreativa