Chámanos

91 747 03 01

 

 

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS E PRIVACIDADE

 

EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. (en diante), como responsable desta Web e de conformidade co disposto pola Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal (L. O. 15/1999, do 13 de decembro) e a Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE 34/2002, do 11 de xuño), puxo en práctica políticas, medios e procedementos para garantir e protexer a privacidade dos datos de carácter persoal dos seus USUARIOS.

Identidade e enderezo do responsable do ficheiro

 

O titular e responsable do ficheiro é EASY TRANS-INTERNATIONAL,S.L. servizos prestados a través do Sitio Web e a través das distintas áreas que forman parte desta Web, os USUARIOS poden: obter información e consultar e contratar servizos ofrecidos no Sitio Web. A simple navegación pola Web ten carácter gratuíto e non esixe o rexistro previo por parte dos USUARIOS. Os únicos datos persoais aos que o responsable do ficheiro terá acceso serán aqueles que lle sexan facilitados voluntariamente co fin de posibilitar o acceso, uso ou contratación dos servizos facilitados a través do Sitio Web.

 

Tratamento dos datos e a súa confidencialidade

 

Os datos que se faciliten incorporaranse a un ficheiro automatizado cuxa titularidade e responsabilidade son ostentadas por EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L., e serán tratados con absoluta confidencialidade. A entidade responsable dos ficheiros, así como os que interveñan en calquera fase do tratamento ou as entidades ás que lles fosen comunicados -en virtude da autorización conferida polo USUARIO-, están obrigadas a observar o segredo profesional e adoptarán os niveis de protección e as medidas técnicas e organizativas necesarios ao seu alcance que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal, evitando, na medida do posible, accesos non autorizados, modificacións ilícitas, subtraccións ou a perda dos datos.

 

Con todo, advertímoslles e informamos os USUARIOS de que as medidas técnicas non son infalibles nin inexpugnables, motivo polo que o responsable do ficheiro non poderá terse por responsable de tales prácticas nin das súas consecuencias. Ao remitirlle o interesado os seus datos de carácter persoal e de correo electrónico a EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. expresamente AUTORIZA a utilización dos ditos datos para os efectos das comunicacións periódicas, incluíndo expresamente as que se realicen vía correo electrónico, que EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. ou as entidades filiais de EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. levan a cabo cos seus clientes e colaboradores e posibles interesados informándoos das súas actividades, noticias, cursos, promocións, así como de calquera oferta de servizos e produtos relacionados coa actividade que desenvolve. O interesado poderá exercer respecto aos seus datos os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico: info@e-trans.es, solicitando, se é o caso, que se lle remitan pola mesma vía os seus datos persoais que obran nos ficheiros de EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. para os efectos da súa consulta, ou a súa posible rectificación ou ben que se cancele ou revoque a autorización para a recepción de comunicacións, e EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. deberá notificar a efectiva rectificación ou cancelación dos datos de carácter persoal do seu ficheiro.

 

Os datos de carácter persoal dos USUARIOS, xunto cos que se orixinen como consecuencia do acceso, uso ou contratación do servizo, só poderán ser obxecto de tratamento automatizado e cedidos na forma e coa finalidade establecida e expresamente autorizada polos USUARIOS. 

 

Segmentación e categorización dos datos

 

O rexistro dos datos persoais achegados no momento da subscrición ou contratación de cursos, seminarios, publicacións, produtos ou outros servizos, e calquera outro facilitado durante a súa relación, comportará ademais a aceptación de carácter voluntario pola súa parte con relación ao tratamento dos ditos datos persoais por EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. co fin de ser segmentados ou categorizados coa finalidade de aplicalos á actividade relacionada coa xestión de administración xeral, información, comercialización dos nosos servizos, elaboración de perfís, análise de propostas solicitadas polos USUARIOS/CLIENTES, estudo estatístico dos servizos e contidos utilizados, gustos e preferencias, enquisas ou formularios.

 

Comunicación dos datos

 

Facilitar os datos persoais por parte dos USUARIOS supón tamén a aceptación voluntaria e expresa da cesión e transmisión dos ditos datos, con iguais fins que os anteriormente indicados, a outras entidades do ámbito EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L., auxiliares ou colaboradoras, así como autorizar o responsable do ficheiro para recibir das citadas entidades do ámbito EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L informacións obrantes nos seus arquivos, inclusive de forma interconectada, para as finalidades sinaladas.

 

EASY TRANS-INTERNATIOANL, S.L. enviaralles a terceiros información que permita a súa identificación cando:

- Obtivésemos o seu permiso para compartir a dita información.

- Necesitemos compartir a dita información para proporcionarlle o produto ou servizo que solicitase.

 

- Necesitemos enviarlles a dita información a empresas que traballan con EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. para proporcionarlle o produto ou servizo que solicitase. (A menos que o informemos do contrario, estas empresas non teñen dereito a utilizar a información de identificación que lles subministremos máis que no necesario para axudarnos).

 

- Respondamos a citacións e requirimentos legais, así como a ordes xudiciais; ou cando estimemos que as súas actividades nos nosos sitios web violan calquera das instrucións de uso dos nosos produtos ou servizos.

 

Dereitos dos interesados e o seu exercicio

 

Os USUARIOS teñen recoñecida pola indicada Lei orgánica de protección de datos os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, de ser o caso, respecto dos seus datos persoais e do uso, categorización ou segmentación dos datos de carácter persoal. O interesado poderá exercer, respecto aos seus datos, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando unha carta a Protección Datos. EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L., CENTRO CARGA AÉREA EDIFICIO SERVICIOS GENERALES, 4a PLANTA OFICINA 401-A CP 28042 MADRID (MADRID) ou ao correo electrónico jose@e-trans.es solicitando, se é o caso, que se lle remitan pola mesma vía os seus datos persoais que obran nos ficheiros de EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. para os efectos da súa consulta ou a súa posible rectificación ou ben que se cancele ou revoque a autorización para a recepción de comunicacións; e EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. deberá notificar a efectiva rectificación ou cancelación dos datos de carácter persoal do seu ficheiro.

 

Cookies

 

Poñemos no seu coñecemento que utilizamos cookies para personalizar a publicidade e os contidos que ve ao navegar, para satisfacer as súas demandas sobre algúns produtos ou servizos e para informalo sobre promocións especiais e novos produtos e servizos, para perfilar e mellorar a nosa relación co USUARIO e adaptarnos, así mesmo, aos seus medios tecnolóxicos. Esta información inclúe o seu enderezo IP, información das cookies EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. e sobre as páxinas que visitou. O USUARIO ten a posibilidade de configurar o seu explorador para ser avisado da recepción ou, se é o caso, rexeitamento da recepción de cookies no seu disco duro, debendo consultar, para tal efecto, as instrucións e manuais do seu explorador para ampliar esta información.

 

EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. utiliza esta información:

 

Ligazóns a outros sitios web/hiperligazóns

 

Nesta Páxina Web utilízanse hiperligazóns que lle permiten ao USUARIO redirixirse a sitios web de terceiras partes. EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. en ningún caso responderá dos contidos, información ou servizos ofrecidos nin das medidas de seguridade establecidas nos sitios web aos cales o USUARIO puidese acceder por medio das hiperligazóns establecidas no Sitio Web de EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. Así mesmo, EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. non se responsabiliza das medidas de seguridade adoptadas por calquera outra páxina web que permita unha ligazón coa nosa e ás que accede o interesado baixo a súa exclusiva responsabilidade.

 

Modificación da política de protección de datos e de privacidade

 

Finalmente informámolos de que o responsable do ficheiro se reserva o dereito a modificar esta política de privacidade para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais así como ás modificacións ou prácticas da industria, aínda que se avisará, coa debida antelación, dos cambios que se vaian introducir e do momento en que comezarán a ter plenos efectos.

 

POLÍTICA SOBRE CORREO NON DESEXADO

 

As persoas que reciben algunha das comunicacións, informacións, boletíns ou publicidade electrónicas de jose@e-trans.es recíbena polos seguintes motivos:

- Por rexistro en liña desde esta páxina.

- Por rexistro en liña desde as páxinas de colaboradores.

 

- Por solicitude de información dos nosos produtos e servizos.

- Por facilitarlle a súa información a algún dos nosos colaboradores ou empregados.

- Por rexistro sen conexión ao cubrir formularios, boletíns, solicitudes, etc. que se ofrecen en feiras, oficinas ou a través de colaboradores e que quedan arquivados para ulterior comprobación durante 5 anos.

 

As nosas comunicacións non queren chegar a ningunha persoa que non o desexe. Por iso, e para poder corrixir a situación que as veces se pode dar de que algunha persoa poida dar de alta a outra sen o seu consentimento, incorporamos a este sistema de subscrición un filtro baseado nunha "lista non contacto" que impide que se poida dar de alta calquera enderezo de correo incluído nela. Por iso, se vostede non quere recibir nunca as nosas comunicacións e quere impedir que alguén o poida dar de alta contra a súa vontade, pedímoslle que nos remita un correo electrónico a info@e-trans.es indicando no ASUNTO: "BAIXA LISTA", e nós incluiremos na "lista non contacto" aquel enderezo desde o cal se nos remita este correo electrónico.

 

Se ten algún problema para facelo de forma electrónica, non dubide en contactar con nós no teléfono +34 917 470 301 en horario de oficina, onde unha persoa o atenderá persoalmente e realizará o dito trámite.

 

REQUISITOS DE ACCESO E COPYRIGHT

 

Requisitos: para tirar o máximo proveito dos contidos de WWW.E-TRANS.ES é necesario ter instalados os seguintes complementos no seu ordenador:

Acrobat Reader: para a lectura de documentos en formato PDF. Macromedia Shockwave Player 8 + Macromedia Flash Player 5: para a visualización de páxinas e SWF. Quicktime Freepplayer: para ver vídeo de varios formatos. RealPlayer: para o acceso a contidos en streaming de son ou vídeo. Windows Media Player: para acceder a contidos con numerosos formatos de son e vídeo.

 

Optimización: esta Web está optimizada para a súa visualización a 800 x 600, con exploradores Internet Explorer.

 

Copyright: deseño e desenvolvemento realizados por EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. © EASY TRANS-INTERNATIONAL, S.L. Reservados todos os dereitos

 

Centro de Carga Aérea

Edif. Serv. Generales Of. 401 A
Aeropuerto de Barajas

28042 Madrid

 

T:  [+34] 91 747 03 01

F:  [+34] 91 312 23 17

 

Skype: EasyTrans(e-trans)
 

etrans.png

PREMIO ESTRELLA DE ORO 2014 por el INSTITUTO para la EXCELENCIA PROFESIONAL (IEP)

CERTIFICACIÓN GPD (Buenas Prácticas)

© 2013 EasyTrans Internacional SL. 

 

 

 

 

Todos los derechos reservados   ·   Página Web desarrollada y diseñada por MentaCreativa

 

 

 

 

All rights reserved   ·   Web developed and designed by MentaCreativa